Chega a Galicia o último de Werner Herzog
The wild blue yonder (Werner Herzog, 2005), Premio Fipresci no Festival de Venecia, o xoves 23 ás 20:30 e o venres 24 ás 23 horas no CGAI:
«Un extraterrestre que vive na Terra conta o relato da heroica viaxe dunha nave cara a un planeta chamado Yonder e situado nos confíns do universo coñecido. A nave ten un curioso obxectivo: encontrar un planeta habitable para a Humanidade, ameazada por un grave virus. Magnífica banda sonora en correlación —como en toda a produción, de Herzog— con imaxes fermosas, resultado da mestura de material orixinal da NASA combinado con filmacións propias».
Encounters at the end of the world (Werner Herzog, 2007), o sábado 25 de outubro ás 18 horas na Domus:
«Nesta nova meditación sobre a natureza, Werner Herzog explora unha terra de Lume, Xeo e incríbel Soidade. Hai unha sociedade oculta ao final do mundo. Un milleiro de homes e mulleres viven xuntos na Antártida en cuartos que ninguén pensaría que existisen, arriscando as súas vidas e saúde en busca de avances científicos. Agora, por primeira vez, un estraño foi admitido. No seu primeiro documental desde Grizzly Man, Werner Herzog, unicamente acompañado por un cámara, viaxa á Antártida na procura dos rastros da natureza e a humanidade en estado puro».












