Primeiras palabras dos premiados
«Estou moi, moi feliz polas boas novas! Non podía crelo ao principio… Tiven tantas dificultades para facer este filme, foron tantos os obstáculos e os anos de espera… Mais parece que pagou a pena e estou contenta de que o filme poida levar a mensaxe de Polyakov á audiencia».
Dana Ranga (COSMONAUT POLYAKOV)
«Grazas por esa gran noticia, é Brillante!»
Ruth Jarman e Joe Gerhardt (BRILLIANT NOISE)
«Estamos emocionadas polo triunfo de Terra Incognita no voso festival. Grazas polo correo e polas marabillosas noticias. Grazas».
Justine Nagan e Maria Finitzo (TERRA INCOGNITA)
«Ben, isto si que son boas novas. Grazas unha vez máis polo apoio que lle destes a THE LINGUISTS».
Seth Kramer (THE LINGUISTS)












