Un filme de Herzog exhibido na Mostra, candidato ao Oscar ao mellor documental

A primeira edición da Mostra de Ciencia e Cinema organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na Coruña o pasado mes de outubro tivo o privilexio de estrear en Galicia o último traballo de Werner Herzog, Encounters at the end of the world. O filme, producido en 2007, é un dos cinco finalistas aos Oscars na categoría de mellor documental. As candidaturas aos premios da Academia de Hollywood déronse a coñecer a primeira hora da tarde de hoxe. A cerimonia de entrega de premios terá lugar o domingo 22 de febreiro.

“Nesta nova meditación sobre a natureza, Werner Herzog explora unha terra de Lume, Xeo e incríbel Soidade. Hai unha sociedade oculta ao final do mundo. Un milleiro de homes e mulleres viven xuntos na Antártida en cuartos que ninguén pensaría que existisen, arriscando as súas vidas e saúde en busca de avances científicos. Agora, por primeira vez, un estraño foi admitido. No seu primeiro documental desde Grizzly Man, Werner Herzog, unicamente acompañado por un cámara, viaxa á Antártida na procura dos rastros da natureza e a humanidade en estado puro”.

Deixa unha resposta