II Mostra de Ciencia e Cinema: awards

Reunido en A Coruña o xurado da II Mostra de Ciencia e Cinema decidiu outorgar os seguintes premios:
1. Gran premio da Mostra de Ciencia e Cinema, dotado con 6.000 €, ex-aequo aos filmes LJUSÅR de Mikael Kristersson, por reeducar a nosa mirada cara a vida confiando na linguaxe cinematográfica; e NATURALLY OBSESSED de Richard e Carole Rifkind, pola súa capacidade para explicar un proceso creativo no que se poden ver reflectidos tanto os artistas coma os científicos.
2. Premio Laboratorio, dotado con 2.000 €, ao filme A HORSE IS NOT A METAPHOR de Barbara Hammer, por transmitir con precisión a verdade que se encerra no seu título.
Manuel Bragado
Oliver Laxe
Luís Martínez
Pilar Tigeras (presidenta)
A Coruña, 31 de outubro de 2009









2009-11-01 at 8.08 pm
[...] a experiencia do xurado con moita intensidade. As catro persoas que finalmente deliberamos fomos incapaces de chegar a outro acordo que non fose propoñerlle aos organizadores dividir o [...]