Sense and Sensibilia: Obras selectas do Film Study Center e o Sensory Ethnographic Lab de Harvard

Este programa é unha selección de cine, vídeo e traballos fonográficos producidos nos últimos 40 anos por artistas e antropólogos asociados ao Harvard’s Film Study Center and Sensory Ethnography Lab. Fundado en 1957 polo cineasta Robert Gardner, orixinalmente como parte do Peabody Museum, o FSC apoia traballos que gravan e interpretan o mundo en imaxes e sons. O Sensory Ethnography Lab, que coordinan Lucien Castaing-Taylor e Ernst Karel, estableceuse en 2005 co obxectivo de aproveitar as perspectivas procedentes da ciencia, da arte e das humanidades para experimentar con combinacións innovadoras estéticas e etnográficas. As súas producións fan fincapé nas prácticas orixinais dos medios de comunicación de non-ficción que exploran a praxe corporal e o tecido afectivo da existencia. Os traballos seleccionados para este programa inclúen sete películas e vídeos dun único canal, e unha actuación híbrido musical-fonográfica. A variedade de estilos vai desde a observación e o expositivo ata o expresivo e conceptual. Os temas inclúen un retrato lírico do pobo nilótico que se convertera nun clásico do rexistro antropolóxico (discursivo); unha moderna “sinfonía urbana» da antiga cidade india de Benarés; a tensión entre a seguridade e a democracia no vasto mundo do secretismo gobernamental contemporáneo; o traballo dunha mariscadora en Maine, EUA; o espazo arquitectónico, social e fenomenolóxico do case anacrónico almorzo industrial en Bath Iron Works, tamén en Maine; un retrato elexíaco dos últimos pastores que levaron os seus rabaños de ovellas ás montañas Absaroka-Beartooth de Montana en busca dos pastos de verán; a demolición dunha construción en Sichuan, China; e a etnografía sonora das contornas de investigación científica na Universidade de Harvard.

Ilisa Barbash (Conservadora de Antropoloxía Visual, Museo Peabody de Arqueoloxía e Etnoloxía) e Lucien Castaing-Taylor (Director do Film Study Center, Director do Sensory Ethnography Lab, Universidade de Harvard)

One Response to “Sense and Sensibilia: Obras selectas do Film Study Center e o Sensory Ethnographic Lab de Harvard”

  1. [...] ao curso os participantes deberán acreditar o visionado de dez horas de documentais do ciclo Sense and Sensibilia: Obras selectas do Film Study Center e o Sensory Ethnographic Lab de Harvard. Igualmente poderán acreditar tamén o visionados dos filmes programados nas outras seccións da [...]

Olark Livehelp