Mostra 2011: Palmarés oficial

O xurado da IV Mostra de Ciencia e Cinema, formado por José Manuel Sande, Xurxo Chirro, Pablo Portabales, Bibiana García Visos e Rosina López-Alonso, acordou outorgar os seguintes premios:

Mención especial a LA LINEA GENERALE de Oleg Tcherny, por ser un tratado no que se interpela a natureza da mirada con referencias conscientes á historia da arte e da ciencia.

Mención especial a THE CITY DARK de Ian Cheney polo seu afán divulgativo ben expresado a través dunha variedade de recursos narrativos, o humor e a súa pertinencia temática.

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 2000 €, ao filme NOSTALGIA DE LA LUZ de Patricio Guzmán, polo seu virtuosismo para crear múltiples estratos de significado enfiando memoria, historia e ciencia mediante unha introspección persoal coherente con toda a obra do autor.

A Coruña, venres 28 de outubro de 2011

One Response to “Mostra 2011: Palmarés oficial”

  1. O tempo non conxugado, só vivido: a luz estelar chegando con miles de anos de retraso, o pasado quedo nun instante, xusto entre o pensamento e a emoción. Di o señor Guzmán “ os que teñen memoria son quen de vivir no fráxil momento do tempo presente, os que non teñen memoria non viven en ningures”. Grazas, señor Guzmán, o seu film é máis ca nostalxia da luz, é a nostalxia de nós mesmos, perdidos na inmensidade da historia do universo e da inhóspita beleza do deserto de Atacama!

Deixa unha resposta

Olark Livehelp