JAZZ + CIENCIA!

Decembro 22nd, 2011 pawley

O ano pasado no marco da III Mostra de Ciencia e Cinema celebramos un recital que combinaba o jazz coa ciencia. Textos de Richard P. Feynmann, Carl Sagan, Rita Levi-Montalcini, Jane Goodall, Albert Einstein e Albert V. Baez, mais un da divulgadora portuguesa Joana Barros, da Associação Viver a Ciência, todos eles na voz de Belén Regueira Leal e Susana Rois, da Radio Galega, acompañadas ao piano polo jazzman Abe Rábade. A maneira de pequeno agasallo de Nadal, aquí queda a playlist daquela inesquecíbel sesión, que podedes escoitar completa no portal Grooveshark, para gozarmos da música e da palabra.

Textos:
Richard Feynmann, O PRACER DE DESCUBRIR
Carl Sagan, UN PUNTO AZUL PÁLIDO
Rita Levi-Montalcini, SÓ EXISTE UNHA RAZA, A HUMANA
Jane Goodall, ADMINISTRAR CON SABEDORÍA A VIDA NA TERRA
Albert Einstein, A MIÑA VISIÓN DO MUNDO
Albert V. Baez, O PAPEL DA EDUCACIÓN
Joana Barros, prólogo de VIDAS A DESCOBRIR

Premios da III Mostra de Ciencia e Cinema

Outubro 30th, 2010 pawley

O xurado da mocidade da III Mostra de Ciencia e Cinema, formado por Laura Casas Gorrita e Tatiana Cedeira Costa (IES OTERO PEDRAYO), Nerea Amenedo Miguez e Nerea Rodríguez Torres (COLEXIO MARISTAS), Estefanía Fernández Martínez e Isabel Lechuga Varela (IES MONELOS), Amanda Bravo López e Lorena Novás Rodríguez (COLEGIO INTERNACIONAL EIRÍS) e Joan Rodríguez Domenech e Pablo Cacheiro Arjón (IES DAVID BUJÁN), decidiu outorgar o PREMIO DA MOCIDADE, dotado con 1.000 €, ao documental LET’S TALK ABOUT SEX, por reflectir fielmente unha realidade da que se debería falar máis e por tratar de forma amena e con ritmo o tema, facéndoo accesible a todos os públicos.

Pola súa parte, o xurado da III Mostra de Ciencia e Cinema, formado por Joana Barros, Carlos Muguiro, Lois Patiño, María Jesús Pena e Eulalia Pérez Sedeño (presidenta), acordou outorgar os seguintes premios:

-MENCIÓN ESPECIAL para TWIST OF FATE de Karen Aqua, polo seu achegamento de xeito persoal e creativo á experiencia da enfermidade, que normalmente se presenta de maneira moi aséptica.

-PRIMEIRO PREMIO, dotado con 2.000 €, ex-aequo aos filmes TRES SEMANAS DESPUÉS de José Luis Torres Leiva, en recoñecemento da resposta meditada e calma do cineasta ante unha catástrofe e o seu estudo da reacción humana ante a violencia da natureza; e PLUG & PRAY de Jens Schanze, por formular cuestións inquietantes e dilemas morais arredor da intelixencia artificial.

A Mostra Internacional de Ciencia e Cinema é un evento cultural organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC) e a Concellería de Cultura do Concello da Coruña, co apoio dos Museos Científicos Coruñeses, FECYT, CGAI, Fundación CaixaGalicia, Fundación Luis Seoane e Deputación da Coruña. Os subtítulos dos documentais proxectados na sección oficial foron realizados por licenciados en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

Suspendida a proxección de SON & MOON

Outubro 28th, 2010 pawley

Debido a problemas técnicos coa copia que nos proporcionou a distribuidora queda suspendida a proxección da película SON & MOON de Manuel Huerga, prevista para hoxe xoves ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro. O resto da programación de hoxe permanece sen cambios. Desculpen as molestias.

Imprime o programa da Mostra

Outubro 25th, 2010 pawley

Baixar imaxe en alta resolución: JPG, 1,3 MB

Seminario de Antropoloxía Visual

Outubro 17th, 2010 pawley

Simultáneamente coa celebración da III Muestra de Ciencia e Cinema na Coruña terá lugar un Seminario de Antropoloxía Visual coa intención de proporcionar aos asistentes unha aproximación aos fundamentos desta materia como técnica e instrumento para a documentación e a comprensión da realidade humana. Os obxectivos de aprendizaxe son:

- Presentar un panorama xeral da Antropoloxía Visual
- Introducir as ferramentas e técnicas básicas da Antropoloxía Visual
- Proporcionar unha experiencia práctica das prácticas da Antropoloxía Visual
- Introducir os elementos básicos da análise etnográfica da documentación visual.
- Desenvolver unha comprensión crítica da aproximación etnográfica ás artes audiovisuais.
- Discutir cuestiones éticas vencelladas coa Antropoloxía Visual

O curso, para o cal foi solicitado 1 crédito de libre configuración na UNED, terá unha duración de catorce horas (catro do Seminario de Antropoloxía Visual e dez horas de visionado de documentais). O seminario teórico contará coa participación de Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, que falarán sobre A antropoloxía visual nos Estados Unidos e a Universidade de Harvard, nunha sesión coordinada e moderada por María Jesús Pena Castro; e Franciso Giner Abati, que explorará A antropoloxía visual en España nun coloquio coordinado e moderado por Luis A. Gárate Castro. Para completar a formación do Seminario Analítico de Antropoloxía Visual e obter o diploma de asistencia ao curso os participantes deberán acreditar o visionado de dez horas de documentais do ciclo Sense and Sensibilia: Obras selectas do Film Study Center e o Sensory Ethnographic Lab de Harvard. Igualmente poderán acreditar tamén o visionado dos filmes programados nas outras seccións da Mostra de Ciencia e Cinema, nomeadamente aqueles marcados como de especial interese antropolóxico. A folla de control será selada nas salas de proxección.

O boletín de inscrición debidamente cumplimentado e o xustificante de pagamento entregaranse en calquera das seguintes sedes da UNED:

Secretaría UNED – A Coruña
R/ Pepín Rivero, 3
15011 A CORUÑA

ou

Secretaría UNED – Ferrol
Rúa María, 52-54
15402 FERROL

O importe da matrícula é de 20 € para público en xeral; e 15 € para os alumnos da UNED, socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, socios da ALGA e socios da Agrupación Astronómica Io. Esta actividade está organizada polo Centro Asociado da UNED de A Coruña, a Mostra de Ciencia e Cinema e a Asociación Luso Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA).

Tríptico do Curso de Antropoloxía Visual: PDF, 108 KB

Tríptico co programa e listaxe de proxeccións: PDF, 127 KB

Folla de control de asistencia ao curso: PDF, 87 KB

Olark Livehelp