Outubro 16th, 2010 pawley
Nerea Amenedo Míguez (COLEXIO MARISTAS)
Amanda Bravo López (COLEXIO INTERNACIONAL EIRÍS)
Joan Rodríguez Domenech (IES DAVID BUJÁN)
Laura Casas Gorrita (IES OTERO PEDRAYO)
Tatiana Cedeira Costa (IES OTERO PEDRAYO)
Estefanía Fernández Martínez (IES MONELOS)
Isabel Lechuga Varela (IES MONELOS)
Lorena Novás Rodríguez (COLEXIO INTERNACIONAL EIRÍS)
Joan Rodríguez Domenech (IES DAVID BUJÁN)
Nerea Rodríguez Torres (COLEXIO MARISTAS)
Posted in: Mostra de Ciencia e Cinema 2010 | No Commentss
Setembro 28th, 2010 pawley
Eulalia Pérez Sedeño, Profesora de Investigación, Departamento de Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade, CSIC [Presidenta do Xurado]
María Jesús Pena, Profesora de Antropoloxía da Universidade de Salamanca, Presidenta de ALGA, Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada
Joana Barros, coordenadora da Associação Viver a Ciência
Lois Patiño, cineasta
Carlos Muguiro, crítico, programador e cineasta
Posted in: Mostra de Ciencia e Cinema 2010 | 2 Comentarios
Setembro 6th, 2010 pawley

Este programa é unha selección de cine, vídeo e traballos fonográficos producidos nos últimos 40 anos por artistas e antropólogos asociados ao Harvard’s Film Study Center and Sensory Ethnography Lab. Fundado en 1957 polo cineasta Robert Gardner, orixinalmente como parte do Peabody Museum, o FSC apoia traballos que gravan e interpretan o mundo en imaxes e sons. O Sensory Ethnography Lab, que coordinan Lucien Castaing-Taylor e Ernst Karel, estableceuse en 2005 co obxectivo de aproveitar as perspectivas procedentes da ciencia, da arte e das humanidades para experimentar con combinacións innovadoras estéticas e etnográficas. As súas producións fan fincapé nas prácticas orixinais dos medios de comunicación de non-ficción que exploran a praxe corporal e o tecido afectivo da existencia. Os traballos seleccionados para este programa inclúen sete películas e vídeos dun único canal, e unha actuación híbrido musical-fonográfica. A variedade de estilos vai desde a observación e o expositivo ata o expresivo e conceptual. Os temas inclúen un retrato lírico do pobo nilótico que se convertera nun clásico do rexistro antropolóxico (discursivo); unha moderna “sinfonía urbana» da antiga cidade india de Benarés; a tensión entre a seguridade e a democracia no vasto mundo do secretismo gobernamental contemporáneo; o traballo dunha mariscadora en Maine, EUA; o espazo arquitectónico, social e fenomenolóxico do case anacrónico almorzo industrial en Bath Iron Works, tamén en Maine; un retrato elexíaco dos últimos pastores que levaron os seus rabaños de ovellas ás montañas Absaroka-Beartooth de Montana en busca dos pastos de verán; a demolición dunha construción en Sichuan, China; e a etnografía sonora das contornas de investigación científica na Universidade de Harvard.
Ilisa Barbash (Conservadora de Antropoloxía Visual, Museo Peabody de Arqueoloxía e Etnoloxía) e Lucien Castaing-Taylor (Director do Film Study Center, Director do Sensory Ethnography Lab, Universidade de Harvard)
Posted in: Mostra de Ciencia e Cinema 2010 | 1 comentario
Setembro 5th, 2010 pawley
Programada por Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, a retrospectiva Sense and Sensibilia: Selected Works from Harvard’s Film Study Center and Sensory Ethnographic Lab ofrecerá no CGAI e a Fundación Caixa Galicia unha escolma de filmes, vídeos e obras fonográficas producidas ao longo dos últimos corenta anos por artistas e antropólogos asociados ao Film Study Center e o Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard. O ciclo está formado polos seguintes títulos:
The Nuer, 16mm, 73 mins., George Breidenbach e Hilary Harris, 1971
Forest of Bliss, 16mm, 90 mins., Robert Gardner, 1985
Secrecy, DigiBeta video, 85 mins., Peter Galison e Robb Moss, 2008
Lunch Break, 35mm transferido a HD, 80 mins., Sharon Lockhart, 2008
Chaiqian, video, 62 mins., J.P. Sniadecki, 2008
Double Tide, 16mm transferido a HD, 99 mins., Sharon Lockhart, 2009
Sweetgrass, 35mm, 101 mins., Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, 2009
Heard Laboratories, obra fonográfica, 30 mins., Ernst Karel, 2010
Posted in: Mostra de Ciencia e Cinema 2010 | 1 comentario
Xuño 7th, 2010 admin
1. Definicións xerais
A Mostra Internacional de Ciencia e Cinema é un evento cultural organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC) que ten como obxectivo a promoción e difusión de filmes e documentais científicos.
A terceira edición da Mostra Internacional de Ciencia e Cinema terá lugar entre os días 25 e 30 de outubro de 2010, na cidade da Coruña, en Galicia.
2. Obxectivos
A Mostra Internacional de Ciencia e Cinema quere ser un punto de encontro para todas as persoas que estean interesadas pola divulgación da ciencia. De maneira singular, a Mostra vai esforzarse en rachar a fronteira arbitraria das “dúas culturas”, a das artes e a das ciencias, establecendo contactos entre creadores e investigadores de ámbitos moi diferenciados coa intención de explorar as relacións entre ambos mundos.
Con carácter xeral todas as actividades da Mostra serán abertas ao público, pois o seu principal obxectivo é acadar a máxima difusión das obras que a conforman.
3. Inscrición na Sección Oficial a concurso
Os traballos presentados terán intención divulgativa, e tratarán sobre calquera tema vencellado coas ciencias (puras ou formais, aplicadas e sociais ou humanas, na división tradicional), de maneira que contribúan á comprensión dos conceptos, procedementos e actitudes que caracterizan a ciencia. Valorarase por riba de todo a calidade e a orixinalidade das obras presentadas, á marxe da súa temática, duración e características técnicas.
A data de produción ou de estrea para participar na segunda edición do certame debe ser posterior a 1 de xaneiro do 2009. Poderán participar a competición todos aqueles produtores e/ou directores que teñan os dereitos sobre as obras que presentan. Non se establece ningunha restrición canto á procedencia ou á lingua empregada para os traballos. As obras presentaranse no seu idioma orixinal, sexa cal for. No caso de obras cuxa lingua orixinal sexa distinta do galego ou o español, deberá presentarse con subtítulos en galego, español, portugués ou inglés.
Para a inscrición é preciso que se envíe unha copia do traballo en formato DVD, acompañado da ficha de inscrición (arquivo OpenOffice ou PDF) debidamente cuberta e asinada, ao seguinte enderezo:
Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
(Ref.: Mostra de Ciencia e Cinema)
Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, s/n
15005 A Coruña
España
Cada director ou productor pode presentar ao concurso tantas películas como desexe, e deberá cubrir para cada unha a correspondente ficha de inscrición. No caso das series, só poderá participar un único capítulo en representación do conxunto. Os gastos de envío das copias corren a cargo dos participantes. A organización non devolverá as copias dos filmes recibidos no proceso de selección, que pasarán a formar parte do arquivo da Mostra.
O prazo de presentación finaliza o 23 de xullo de 2010 (27 de agosto para os documentais galegos).
4. Selección
Unha comisión formada por membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias seleccionará entre todos os orixinais recibidos os filmes que conformarán finalmente a Sección Oficial e competirán polos premios da Mostra. Todos os filmes seleccionados na Sección Oficial recibirán unha pequena compensación económica pola súa participación:
100 € (obras de duración inferior aos 30 minutos)
200 € (obras cunha duración entre os 30 e os 60 minutos)
300 € (obras de duración superior aos 60 minutos)
Os filmes escollidos deberán ser enviados no formato de proxección definitivo á Asociación de Amigos da Casa das Ciencias antes do 30 de setembro de 2010 con carácter xeral, ou ben na data que acorde a Asociación cos autores dos filmes. A AACC, entidade organizadora da Mostra, faise responsábel da seguridade das obras desde a súa recepción até a súa devolución. A responsabilidade da AACC en caso de destrución ou pérdida dunha copia será limitada e en ningún caso superará o custo dunha nova copia de acordo ás tarifas habituais en España.
Os autores dos filmes seleccionados a competición proporcionarán á organización imaxes fotográficas e clips de vídeo dos mesmos (1-2 minutos) con fins promocionais. A organización do Festival decidirá a orde e a data de exhibición das películas, e resérvase o dereito de proxectala cantas veces fose preciso durante o Festival.
5. Xurados e premios
Un xurado formado por profesionais de diferentes ámbitos elixirá o documental gañador do Gran Premio da Mostra de Ciencia e Cinema. Un xurado formado por estudantes de secundaria e bacharelato determinará Premio da Mocidade.
O xurado resérvase o dereito a salientar no palmarés outros filmes ou aspectos puntuais dos mesmos, concedendo as mencións honoríficas que crea oportuno. O fallo do xurado considérase inapelábel.
6. Autorización
Os participantes no certame autorizan a exhibición pública dos filmes a competición tantas veces como sexa posíbel durante a Mostra. As producións seleccionadas poderán ser subtituladas (ou dobradas naqueles casos que esta solución fose a idónea) para a súa exhibición pública. Todos os participantes autorizarán o uso de fragmentos das producións presentadas (máximo dous minutos) e de todo o material que proporcionen (dossier informativo, cartaces, fotos, etc) para a súa difusión en calquera medio de comunicación nacional ou internacional (prensa, radio, TV e Internet) con carácter promocional.
Todas as obras presentadas ao certame pasarán a formar parte do arquivo da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC), entidade organizadora da Mostra de Ciencia e Cinema. Os membros da AACC e outras persoas autorizadas poderán consultar dito arquivo en visionados privados con fins educativos e de investigación.
A organización promoverá a difusión dos documentais premiados no concurso, para o cal se reserva a súa proxección libre e gratuita nos Museos Científicos Coruñeses. A Mostra promoverá ademais a exhibición dos documentais premiados e daqueles que considere de especial interese nas sedes de organismos e institucións coas que se asinen protocolos de colaboración, sempre para a súa exhibición non comercial.
7. Aceptación
A participación na Mostra de Ciencia e Cinema supón a aceptación de todos os apartados das presentes bases.
Posted in: Mostra de Ciencia e Cinema 2010 | Comentarios desactivados