JAZZ + CIENCIA!

Decembro 22nd, 2011 pawley

O ano pasado no marco da III Mostra de Ciencia e Cinema celebramos un recital que combinaba o jazz coa ciencia. Textos de Richard P. Feynmann, Carl Sagan, Rita Levi-Montalcini, Jane Goodall, Albert Einstein e Albert V. Baez, mais un da divulgadora portuguesa Joana Barros, da Associação Viver a Ciência, todos eles na voz de Belén Regueira Leal e Susana Rois, da Radio Galega, acompañadas ao piano polo jazzman Abe Rábade. A maneira de pequeno agasallo de Nadal, aquí queda a playlist daquela inesquecíbel sesión, que podedes escoitar completa no portal Grooveshark, para gozarmos da música e da palabra.

Textos:
Richard Feynmann, O PRACER DE DESCUBRIR
Carl Sagan, UN PUNTO AZUL PÁLIDO
Rita Levi-Montalcini, SÓ EXISTE UNHA RAZA, A HUMANA
Jane Goodall, ADMINISTRAR CON SABEDORÍA A VIDA NA TERRA
Albert Einstein, A MIÑA VISIÓN DO MUNDO
Albert V. Baez, O PAPEL DA EDUCACIÓN
Joana Barros, prólogo de VIDAS A DESCOBRIR

Mostra 2011: Palmarés oficial

Outubro 28th, 2011 pawley

O xurado da IV Mostra de Ciencia e Cinema, formado por José Manuel Sande, Xurxo Chirro, Pablo Portabales, Bibiana García Visos e Rosina López-Alonso, acordou outorgar os seguintes premios:

Mención especial a LA LINEA GENERALE de Oleg Tcherny, por ser un tratado no que se interpela a natureza da mirada con referencias conscientes á historia da arte e da ciencia.

Mención especial a THE CITY DARK de Ian Cheney polo seu afán divulgativo ben expresado a través dunha variedade de recursos narrativos, o humor e a súa pertinencia temática.

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 2000 €, ao filme NOSTALGIA DE LA LUZ de Patricio Guzmán, polo seu virtuosismo para crear múltiples estratos de significado enfiando memoria, historia e ciencia mediante unha introspección persoal coherente con toda a obra do autor.

A Coruña, venres 28 de outubro de 2011

Mostra 2011: Premio da Mocidade

Outubro 28th, 2011 pawley

O xurado da mocidade da IV Mostra de Ciencia e Cinema, formado por Agueda Castro Quíntas e Laura Pardeiro Mariño (IES Monelos), Lina Yu Zhao e Cintia García Vegas (IES Ramón Otero Pedrayo), David Peinador Veiga e Alvaro Martín Ares (Colexio Maristas Cristo Rey), Jacobo Boga Barbeito e Angela Dominguez Gómez (Colexio Internacional Eirís) e Robín Piñeiro Canosa e Andrea Cancela Semero (IES Calvo Sotelo), acordou outorgar o Premio da Mocidade, dotado con 1000 €, ao filme THE CITY DARK de Ian Cheney, pola maneira na que explora o problema da contaminación lumínica dunha maneira que é accesíbel para o gran público.

A Coruña, venres 28 de outubro de 2011

Mostra 2011: jurado

Outubro 23rd, 2011 pawley

Jurado Sección Oficial:

José Manuel Sande, programador, crítico e historiador de cine
Xurxo Chirro, director, crítico e historiador de cine
Pablo Portabales, periodista
Bibiana García Visos, divulgadora científica (Museos Científicos Coruñeses)
Rosina López-Alonso, Vicepresidenta Adjunta de Relaciones Institucionales del CSIC

Jurado de la juventud

Agueda Castro Quíntas y Laura Pardeiro Mariño (IES Monelos)
Lina Yu Zhao y Cintia García Vegas (IES Ramón Otero Pedrayo)
David Peinador Veiga y Alvaro Martín Ares (Colegio Maristas Cristo Rey)
Jacobo Boga Barbeito y Angela Dominguez Gómez (Colegio Internacional Eirís)
Robín Piñeiro Canosa y Andrea Cancela Semero (IES Calvo Sotelo)

Exposición de fotografía astronómica

Outubro 21st, 2011 pawley

…una sorpresa más para esta IV Mostra: una exposición de astrofotografías tomadas por miembros de la Agrupación Io. A partir de la semana que viene, en A Coruña. En breve, más información.

Olark Livehelp