THE WILD BLUE YONDER

Gran Bretaña-Estados Unidos-Francia-Alemaña, 2005

Dirección e guión: Werner Herzog.

Produción: Werner Herzog Filmproduktion, West Park Pictures Produktion, Tétra Mèdia en colaboración con BBC, FR2 e CNC.

Fotografía: Henry Kaiser, Tanja Koop e Klaus Scheurich.

Intérpretes: Brad Dourif, capitán Donald Williams.

Duración: 80 minutos

Un extraterrestre que vive na Terra conta o relato da heroica viaxe dunha nave cara a un planeta chamado Yonder e situado nos confíns do universo coñecido. A nave ten un curioso obxectivo: encontrar un planeta habitable para a Humanidade, ameazada por un grave virus. Magnífica banda sonora en correlación —como en toda a produción, de Herzog— con imaxes fermosas, resultado da mestura de material orixinal da NASA combinado con filmacións propias. Premio Fipresci nunha das seccións paralelas en Venecia.

Máis información: Web oficial

Xoves 23 de outubro ás 20:30 e Venres 24 de outubro ás 23:00 no CGAI