AS CATEDRAIS DO SILENCIO
Galicia, 2007
Dirección: Maga Martínez Fernández
Outros membros do equipo: Xurxo Gago Mariño, Rubén Paz Brión e José Juan Fernández de Dios
Produción: AXENA , Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza
Certames e festivais: Mar de Cinema 2007 (Ribeira), Acción 2007 (Boiro), Galiza Crea 2007 (Santiago)
Duración: 16 min
Os integrantes de AXENA, Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza, exploran as minas abandonadas na comarca do Barbanza. Na súa investigación pretenden amosarnos a rica biodiversidade destes ecosistemas esquecidos. Para iso exploraron varios quilómetros de minas descendendo por perigosos pozos e vadeando e buceando por ríos subterráneos. En "As catedrais do silencio" amosan algúns dos habitantes máis importantes das galerías, coma os opilións (enormes arácnidos), morcegos e unha especie única no mundo que só se atopa no noroeste peninsular, a saramaganta.









