EL SALARIO DEL SILENCIO

Galicia, 2007

Dirección: Henrique Banet

Produción executiva e voz en off: Mabel Rivera

Cámara, guión e edición: Henrique Banet

Produtora: Namche Films

Duración: 48 min

Ao longo dos anos que os cidadáns de Ferrolterra levan loitando contra a localización de planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, mantívose sempre un pesado silencio ao redor dela, e xa se sabe que aquilo do que non se fala, non existe; é o sistema perfecto para deixar ir facendo… ata que as cousas convértense en feitos consumados coas necesarias complicidades (políticas e mediáticas). Neste documental faise un percorrido pola historia dunha instalación, co fin de dar a coñecer diversos aspectos relacionados coa súa polémica localización, e perigo, para que a sociedade poida coñecer, debater e situarse con coñecemento de causa neste caso concreto e en todo tipo de cuestións relacionadas coa sustentabilidade. "O Salario do silencio" é unha historia máis de enfrontamentos entre a sociedade e o poder (económico e, por sometemento, político), unha historia máis de traizón aos cidadáns e, por riba de todo, é a historia dun silencio cómplice que permitiu que esta maquinaria de depredación vaia avanzando. Até agora.

Olark Livehelp