UNHA LOUSA SOBRE O COUREL
Galicia, 2008
Dirección e edición: Henrique Banet
Produción executiva e voz en off: Mabel Rivera
Guión: Henrique Banet e Mabel Rivera
Produtora: Namche Films
Duración: 59 min
"Unha lousa sobre O Courel" é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos baluartes máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estanse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.









