ESTREA: NÓS ALIMENTAMOS O MUNDO
Mércores, 22 de outubro, ás 20:30
Teatro Rosalía de Castro da Coruña
Entrada libre
Dirección, fotografía e montaxe: Erwin Wagenhofer
Música: Helmut Neugebauer
Produtor: Helmut Grasser
A cantidade de pan que non se vende e se tira cada día en Viena chegaría para subministrar pan á segunda cidade de Austria, Graz. Unhas 350.000 hectáreas de terra agrícola, sobre todo en América do Sur, adícanse ao cultivo de soia para alimentar o gando de Austria mentres un cuarto da poboación local pasa fame. Cada europeu come dez quilogramos ao ano de verduras artificialmente irrigadas en invernadoiros no sur de España, cos consecuentes problemas de falta de auga.
En NOSOTROS ALIMENTAMOS AL MUNDO o cineasta austríaco Erwin Wagenhofer explora as orixes do que comemos. A súa viaxe lévao por Francia, España, Romanía, Suíza, o Brasil e de novo a Austria. A nosa guía na película é unha entrevista con Jean Ziegler, o Relator Especial de Nacións Unidas sobre o Dereito á Alimentación.
NOSOTROS ALIMENTAMOS AL MUNDO é unha película sobre o alimento e a globalización, os mariñeiros e os granxeiros, os camioneiros e os executivos corporativos de alto nivel, o fluxo de mercancías e de diñeiro -unha película sobre a escaseza en medio da abundancia. Chea de imaxes inesquecíbeis, a película infórmanos sobre a produción do noso alimento e dinos por que temos moito que ver coa fame no mundo.












