CRUDE
Australia, 2007
Dirección, guión e produción: Richard Smith
Cámara: Richard Smith e Julian Mather
Montaxe: Lile Judickas
Música: Pete Drummond
Son: Paul Freeman e Richard Smith
Mestura de son: Mark Walker
Gráficos: Hive Studios
Produción executiva: Sonya Pemberton
Duración: 90 min
Unha guía sobre o petróleo, o sangue negro que dá vida ao mundo moderno. De onde vén? Onde nos conduce? Descrito como “un triunfo do entretemento e das ideas” e “un dos máis marabillosamente subversivos documentais xamais feitos”, este documental revela de que íntima maneira está vencellada a formación dos grandes depósitos de petróleo coa regulación co clima do planeta.
Máis información: Web oficial
Gran Premio do EarthVision Environmental Film Festival (Tokyo, Xapón)
Medalla Walter Sullivan 2008 ao xornalismo científico (Washington, EEUU)
Premio ao mellor filme de Ciencias da Terra e Premio Especial do Xurado no Jackson Hole Wildlife Film Festival (Wyoming, EEUU)
Prix de Terre Pariscience (International Science Film Festival, París, Francia)
Gold World Medal – Environment & Ecology (New York International Festival)








